COMPOSITORES
 
volver

Rodríguez Pena, Sergio

Bandeira (Pontevedra), 2000

Comeza os seus estudos de óboe na Escola da Banda de Música Recreativa e Cultural da Bandeira da man de Benxamín Otero á idade de 8 anos. No ano 2019 rematou os estudos de Grao Profesional no Conservatorio Profesional de Lalín obtendo o Premio fin de grao co devandito mestre. Actualmente estuda o Grao Superior no Conservatorio Superior de A Coruña co mestre Ismael Vaquero. Realizou cursos de técnica e perfeccionamento con oboístas da talla de Washington Barella, José Antonio Masmano, Casey Hill, David Villa ou Roberto Baltar.


É membro da Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira e do quinteto de vento Éter Ensemble, ao mesmo tempo que colabora con diferentes agrupacións dentro da xeografía galega.


Estivo baixo a batuta de Bram Sniekers, Isabel Mª Rubio Molina, Massimiliano Legnaro, David Fiuza Souto, Javier Viceiro Filgueira, Ferrer Ferrán, José Antonio Trigueros Segarra, Fernando V. Arias, Fernando L. Briones ou José Javier Sanz Vila entre outros.

No eido da dirección recibiu clases de Miguel Rodríguez Barrio, Bram Sniekers, Isabel Mª Rubio Molina, David Fiuza Souto e Fernando L. Briones. Tamén asistiu a cursos, encadrados no II Seminario de Dirección organizado pola Banda de Música de Pontevedra cos mestres Miquel Rodrigo Tamarit e Frank de Vuyst. Actualmente cabe destacar que é o director da Banda Xuvenil de Bandeira. Tamén foi convidado a dirixir a Banda Artística de Merza na estrea da súa obra Capriccio Galaico e a Banda Recreativa e Cultural de Bandeira en varias ocasións.


Recibiu un curso de introdución á tecnoloxía, mantemento e reparación de instrumentos de vento madeira impartido polo mestre Pablo Pascual Alonso así coma de óboes impartido por Jean Michel Garetti.


No mundo da composición comezou de forma autodidacta, mais débelle unha parte importante dos seus coñecementos a Manuel Paino e Fernando Buide, dos cales recibiu clases. No mesmo campo asistiu a masterclasses con reputados mestres coma Ferrer Ferrán, Andrés Valero-Castells ou José Suñer Oriola. As súas obras foron estreadas e tocadas en diferentes puntos da xeografía galega e española. Destacan a publicación da obra Seis cadros para óboe só, editada pola editorial Dos Acordes e Rosalía (composta con Xanxo Rei), editada pola Asociación Nacional de Directores de Banda (ANDB), así como varios arranxos publicados na editorial holandesa Baton Music. Entre os premios recibidos destaca o primeiro premio acadado no V Concurso Sintonía Romántica convocado polo IES Ramón Mª Aller Ulloa (Lalín) destinado a alumnos de Secundaria e Bacharelato de toda España, o premio ex aequo do I Premio de Composición da USC en 2017, ano no que pasou a formar parte da Asociación Galega de Compositores, e o premio de finalista na sección primeira do XV Concurso Galego de Composición organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Populares. Recibiu multitude de encargos de agrupacións e institucións como o Excmo. Concello de Boqueixón, Zoar Ensemble, Festival Son As Pontes, Eiriksson Trombone Project ou a Banda Municipal de Santiago de Compostela, así como para traballos de fin de estudos e mestrado.

  • Título da composición / Título de la composición
    1982, Op. 1
  • Título da composición / Título de la composición
    A lenda de Carboeiro, Op. 10
  • Título da composición / Título de la composición
    Alén, Op. 17
  • Título da composición / Título de la composición
    Almanzor, Op. 45
  • Título da composición / Título de la composición
    Anda pa diante! - marcha de pasarrúas, Op. 14
  • Título da composición / Título de la composición
    Ara Solis, Op. 21
  • Título da composición / Título de la composición
    Capriccio Galaico, Op. 8
  • Título da composición / Título de la composición
    Carbia - pasodobre, Op. 37
  • Título da composición / Título de la composición
    Conxunto, Op. 2a
  • Título da composición / Título de la composición
    Conxunto, Op. 2b
  • Título da composición / Título de la composición
    Cuarteto deBiselas, Op. 24
  • Título da composición / Título de la composición
    Elegía a la muerte del amor, Op. 44
  • Título da composición / Título de la composición
    Escuadrian Overture, Op. 22
  • Título da composición / Título de la composición
    Fanfarra Videoghit
  • Título da composición / Título de la composición
    Fantasía para banda xuvenil, Op. 30
  • Título da composición / Título de la composición
    Fantasía para óboe (ou clarinete) e piano, Op. 7a e 7b
  • Título da composición / Título de la composición
    Fiuza's Overture, Op. 34
  • Título da composición / Título de la composición
    Icía Rial - pasodobre, Op. 27
  • Título da composición / Título de la composición
    Inferno, Op. 18
  • Título da composición / Título de la composición
    La Danse, Op. 26
  • Título da composición / Título de la composición
    Lavandeira - pasodobre galego, Op. 33
  • Título da composición / Título de la composición
    Memorias dun can de palleiro, Op. 6
  • Título da composición / Título de la composición
    Muiñeira da Empanada, Op. 19
  • Título da composición / Título de la composición
    Muiñeira de Manduas, Op. 40
  • Título da composición / Título de la composición
    Nasín cando as prantas nasen, Op. 28a
  • Título da composición / Título de la composición
    Nasín cando as prantas nasen, Op. 28b
  • Título da composición / Título de la composición
    Navia Rial - pasodobre, Op. 39
  • Título da composición / Título de la composición
    Pequeno quinteto de metais, Op. 3
  • Título da composición / Título de la composición
    Poemas para Neira Vilas, Op. 20
  • Título da composición / Título de la composición
    Rosalía - muiñeira, Op. Col. 1
  • Título da composición / Título de la composición
    Saltarello, Op. 23
  • Título da composición / Título de la composición
    Seis cadros, Op. 11
  • Título da composición / Título de la composición
    Sinfonietta No. 1 «Jakobsland», Op. 36
  • Título da composición / Título de la composición
    Somos, Op. 38
  • Título da composición / Título de la composición
    Sonata DasRodríguez, Op. 13
  • Título da composición / Título de la composición
    Suite fantástica, Op. 4
  • Título da composición / Título de la composición
    Trasmundo, Op. 42
  • Título da composición / Título de la composición
    Tres imaxes para fagot, Op. 35
  • Título da composición / Título de la composición
    Tres Pezas para Saxofón Alto, Op. 41
  • Título da composición / Título de la composición
    Variacións Galaicas, Op. 32
  • Título da composición / Título de la composición
    Vista Alegre 40 Aniversario - xota galega, Op. 43
  • Título da composición / Título de la composición
    Viva Saltrio! - pasodobre, Op. 29
  • Título da composición / Título de la composición
    Xanxo - pasodobre, Op. 9
  • Título da composición / Título de la composición
    Zaizan - pasodobre, Op. 12
volver