COMPOSITORES
 
volver

Infante, Sofía Oriana

Santiago de Compostela (1989)

Sofia Oriana Infante Souto (Santiago de Compostela, 1989) é unha compositora transmoderna que actualmente reside na cidade de Ferrol.


Cursa os seus estudos no Conservatorio Superior 'Eduardo Martínez Torner' de Oviedo, especializándose na composición xeral e audiovisual, cunha investigación final das principais tendencias estéticas nos xoves compositores españois. Simultáneamente completa o grao en maxisterio, formándose así nas súas dous paixóns principais no 2013. Posteriormente cursa o Máster de educación, tamén na Universidade de Oviedo (2014) e o 'Master in composing for film and TV' (2015) na Kingston University de Londres, con distinción no seu proxecto final sobre o New York Times' 14 actors acting'. 


Acadou unha formación moi completa en Oviedo grazas a compositores coma Edson Zampronha, Jorge Carrillo, Fernando Blanco, Miguel Fernández e Fernando Agüeria, periodo no que tamén tivo a oportunidade de aprender de referentes coma Krzysztof Penderecki e Nico Muhly. Actualmente continua estreando na cidade participando nas Xornadas de Música Electroacústica do Consmupa, donde estreou 'ReBuildingMi' no 2020, unha peza para fagot e electrónica.


Entre a súa producción musical encóntranse obras variadas, tanto adicadas ó mundo audiovisual coma ó académico-contemporáneo. Ainda que é moi complexo etiquetar o seu estilo compositivo debido á súa diversidade, a composición multidisciplinar  e o interese pola representación dunha realidade transmoderna son as dúas liñas definitorias principais.


Nos seus comezos no mundo da composición, asiste ás grabacións de bandas sonoras do compositor, nominado ó Goya, Sergio Moure nas películas 'Todo es silencio' de Jose Luis Cuerda, e 'Time Rojak', de Isaac Kerlow, onde tamén é asistente de orquestación de Alejandro Román. Ademáis, participa coma docente en dúas ocasións no Leonardo da Vinci project "European Art Confluence".


Obras estreadas durante o período de formación foron o Lied 'O cazador de libros' (2008) (Jose Manuel Yañez Carballeira e Maite Bárbara), poema homónimo de Ramiro Fonte, en Ferrol; 'Telestai' (2009) para a agrupación 'Tempo Catro' (Javier Cedrón, Suso Iglesias, Antonio Romero Cienfuegos e Andrés Pazos) no Teatro do Andamio en A Coruña e 'Se la están cepillando todos los días' (2013) para frauta, violín, guitarra eléctrica, fagot e electrónica en Oviedo.


Durante a súa estancia en Londres, recibe unha comisión da 'Kingston 3A Orchestra' pola composición de 'Panta Rhei', peza estreada en Kingston Upon Thames no 2015 dirixida por David Ward. Non volveu a estrear para orquesta ate o 2019 que recibiu un encargo da Real Filharmonía de Galicia na composición de 'In memoriam', composta en honor ós seus difuntos proxenitores.


Cabe destacar a asistencia ó curso do Festival Internacional Bergerault (2017) no que ten a oportunidade de recibir clases personalizadas de Alberto Bernal, Michael Maierhof e Yiran Zhao. Ademáis, o contacto con percusionistas da talla de Lucía Carro, César Peris, Luis Tabuenca, Philippe Spiesser e Mika Takehara manteñen esperto nela o interese pola composición contemporánea real e virtual. Composicións resultantes deste contacto son 'Relative Time' (2017) e 'Backwards Tape' (2017) que se orientan nun estilo máis persoal.


A maiores compón as bandas sonoras de curtas coma 'Asco' (2013), 'Foto de Familia' (2014) e 'La Pelota' (2017) do director Fernando G. Pliego, 'Backwoods' (2016) de Liam Bellamy, 'Operation: Freedom' (2018) de Kevin Ghee, 'CARNE' (2019) de Camila Kater e 'Souvenir' (2020) de Cristina Vilches. A súa primera banda sonora pra largometraxe é 'Elisa y Marcela' (2019) de Isabel Coixet e producida por Netflix, estreada no Festival de cine de Berlín.


Actualmente cursa o seu Doutoramento sobre a Intelixencia Artificial como herramienta compositiva, alternando con periodos intermitentes de docencia en conservatorios e escolas primarias.

  • Título da composición / Título de la composición
    Backwards Tape
  • Título da composición / Título de la composición
    Concierto para piano nº 1
  • Título da composición / Título de la composición
    Cuarteto de corda nº1
  • Título da composición / Título de la composición
    Elisa y Marcela (BSO)
  • Título da composición / Título de la composición
    Gratulantes (Encargo da Real Filharmonía de Galicia)
  • Título da composición / Título de la composición
    In Memoriam (Encargo da Real Filharmonía de Galicia)
  • Título da composición / Título de la composición
    Mars
  • Título da composición / Título de la composición
    O cazador de libros
  • Título da composición / Título de la composición
    Octofonía
  • Título da composición / Título de la composición
    Only Lights Inside
  • Título da composición / Título de la composición
    Os cervos
  • Título da composición / Título de la composición
    Panta Rhei
  • Título da composición / Título de la composición
    RebuildingMi
  • Título da composición / Título de la composición
    Relative Time
  • Título da composición / Título de la composición
    Se la están cepillando todos los días
  • Título da composición / Título de la composición
    Sou a impostora
  • Título da composición / Título de la composición
    Telestai
  • Título da composición / Título de la composición
    Translúcida memoria
volver