COMPOSITORES
 
volver

Viaño, Xoán (+)

Ferrol (A Coruña), 1960 - Vigo (Pontevedra), 1991

Nace en Ferrol el 11 de dedembro de 1960 e falece en Vigo o 26 de marzo de 1991. Cursou estudos de música na súa cidade natal e nos conservatorios de Coruña e Santiago de Compostela, e obtivo a licenciatura de Xeografía e Historia na universidade compostelá en 1982.

            En 1985 asiste ao II Curso de Música Electrónica no Gabinete do Conservatorio de Cuenca con Horacio Vaggione, ao curso de Composición de Villafranca del Bierzo, ao I Campo Internacional de Composición impartido por Cristóbal Halffter, Tomás Marco e Carmelo Bernaola e realiza en Viana do Castelo (Portugal) o curso de música electroacústica impartido por Daniel Teruggi. En 1986 acode ao curso de verán Manuel de Falla (Granada) cos mestres Donatoni e Josep Soler, e tamén aos seminarios realizados en Santiago de Compostela por Luis de Pablo, Tomás Marco, Jorge Peixinho, Álvaro Salazar e José Luis Temes. No verán de 1998 participou no curso de composición impartido por Franz Hummel nos Onternationales Jugendfetspieltreffen en Bayreuth (Alemania).

            Entre as súas obras destacan: Los cisnes del lago Ontario (1985), Metamorfosis (homenaxe ao pintor Manuel Rivera) composición para órgano obtivo o Premio de Composición Cristóbal Halffter en 1985, Músicas nocturnas para 5 instrumentos (1986), Preludio y Postludium a Cabalum, obra seleccionada na VI Tribuna de Jóvenes Compositores da Fundación Juan March de Madrid, In Memoriam G. C. para conxunto de metais, encargo do Centro para la Difusión de la Música Contemporánea (Festival de Alicante, 1987), Canciones sobre el Cementerio Marino sobre texto de Paul Valéry, Visións para piano, Nubes brancas para orquestra de cordas e Habibiamo fatto un bagno para orquestra sinfónica.

            No ano 1991 o Coro universitario de Santiago e a Orquestra da Coruña baixo a batuta de Maximino Zumalave interpretaron a Misa de Requiem de Wolfgang Amadeus Mozart na Concatedral de San Xulián de Ferrol como homenaxe póstuma a Viaño que, como o amosa o feito de que a súa obra segue a ser interpretada,  permanece vivo na memoria colectiva. O seu legado compositivo nun principio depositado no Conservatorio de Vigo foi trasladado ao Conservatorio ferrolá cando este tomou o nome de Xoán Viaño.

  • Título da composición / Título de la composición
    Abbiamo fatto un bagno (fantasía para orquestra)
  • Título da composición / Título de la composición
    Cantata sobre Paul Éluart
  • Título da composición / Título de la composición
    Cuarteto de corda
  • Título da composición / Título de la composición
    Cuatro canciones sobre 'El Cementerio Marino'
  • Título da composición / Título de la composición
    El manantial
  • Título da composición / Título de la composición
    In memoriam G.C. Op. 4
  • Título da composición / Título de la composición
    Katarsis para orquesta, cuatro conjuntos de cámara y coro. (Xogos ferroláns)
  • Título da composición / Título de la composición
    La nuit froide et sombre (sobre unha canción de Orlando de Lasso)
  • Título da composición / Título de la composición
    Los cisnes del lago Ontario
  • Título da composición / Título de la composición
    Metamorfosis (Homenaxe a Manuel Rivera)
  • Título da composición / Título de la composición
    Movimiento de cuarteto 'Quand su lábime un soleil se repose…'
  • Título da composición / Título de la composición
    Músicas nocturnas ('A Luis y Enrique')
  • Título da composición / Título de la composición
    Nocturnalia I
  • Título da composición / Título de la composición
    Nubes Brancas ('Erwartung, A. Schöenberg')
  • Título da composición / Título de la composición
    Nubes Negras
  • Título da composición / Título de la composición
    Obertura para diez instrumentos
  • Título da composición / Título de la composición
    Obertura para diez instrumentos
  • Título da composición / Título de la composición
    Preludio y Postludio a cabalum
  • Título da composición / Título de la composición
    Septeto suizo
  • Título da composición / Título de la composición
    Solo. Variacións para violonchelo solo
  • Título da composición / Título de la composición
    Suite para dos conjuntos instrumentales
  • Título da composición / Título de la composición
    Transparencias
  • Título da composición / Título de la composición
    Viaxes ás estrelas
  • Título da composición / Título de la composición
    Vinea mea electa (motete)
  • Título da composición / Título de la composición
    Visións serias
volver