COMPOSITORES
 
volver

López García-Picos, Carlos (+)

Betanzos (A Coruña), 1922 - Oleiros (A Coruña), 2009

Lembranza de Carlos López García-Picos

(Panexírico lido por Paulino Pereiro, Presidente da Asociación Galega de Compositores, na cerimonia fúnebre de Carlos López García-Picos).

 

En nome da Asociación Galega de Compositores que me honro en presidir e, por suposto, a nivel particular, quero dedicar unhas palabras de homenaxe, que non de despedida, a Don Carlos López García, personalidade única na historia do noso país.   

Todos admiramos en Carlos a súa humildade, o ardor na defensa das súas ideas, o compromiso coas causas nas que cría e o seu convencemento na forza do ser humano para converter o mundo que nos rodea en algo mellor. Para esta tarefa decidiu armarse coa arma menos agresiva que coñecía: a música, que lle permitiu a invención de mundos sonoros que o axudasen (e nos axudasen) a albiscar outra realidade máis próxima da perfección.

A Carlos teríalle gustado un discurso reivindicativo e procurarei non defraudalo. Carlos López deuno todo pola súa terra, polo seu amado Betanzos de que tanto presumía e pola Galiza, que levaba como bandeira do seu apaixonado corazón. Da súa personalidade moitos aprendemos a reivindicación continua, o sobrepoñerse aos atrancos da sociedade que nos rodea e, sobre todo, aprendemos a non nos render. Deuno todo –dicía– pero o que recibiu non é consonte á súa entrega. Este país arrastra unha débeda para con el e nós procuraremos que ocupe o insigne lugar que merece entre os nosos artistas. Sabemos, con certeza, que el faría o mesmo por calquera dos seus compañeiros compositores e agora chegou o momento de corresponderlle na xusta medida.

Admiramos del a sabedoría na utilización dos medios ao seu alcance para transmitir unha mensaxe artística en que se evidenciaba unha personalidade apaixonada e vital. Admiramos a súa claridade de ideas, a súa visión de que a obra dun artista –dun compositor– trascende o tempo. Como el dicía “o artista é inmortal”, Beethoven ou Stravinski (dúas personalidades que admiraba sen medida) dicía: “non están mortos” e tamén era plenamente consciente de que a el lle ocorrería o mesmo.

Xa que logo, estas palabras queren ser unha homenaxe e non unha despedida. A música de Don Carlos López García perdurará nos oídos como un recordo intensamente feliz, para permanecer entre os que cremos, coma el, que a arte musical pode burlar o tempo.

Don Carlos López García, Carlos, descansa en paz. En nome da túa familia, dos teus amigos e dos teus camaradas da Asociación Galega de Compositores  queremos dicirche que te recordaremos sempre.

Betanzos, 27 de decembro de 2009


Biografía

CARLOS LÓPEZ GARCÍA-PICOS naceu na Cidade de Betanzos (A Coruña) o 19 de outubro de 1922, será o seu pai, José Antonio López Picos, o que o inicia nos seus estudos musicais e na interpretación do requinto (xa que non lle alcanzaban os dedos para tocar o clarinete) nunha pequena orquestra de seis instrumentos de vento coa que percorría a comarca betanceira amenizando as súas festas. Posteriormente, ingresa na Banda Municipal de Betanzos, circunstancia que coincide có inicio da Guerra Civil durante a que o seu pai víuse na obriga de emigrar a Arxentina. Tamén el embárcase hacia Arxentina en febreiro de 1940 onde inicia a que el mesmo definíu como “segunda etapa da súa vida”.

En 1946, aproximadamente, faise cargo da dirección da Coral Polifónica Os Rumorosos do Centro Betanzos de Bos Aires, cargo que desempeñou durante máis de trinta anos. Paralelamente, estudia harmonía có profesor catalán Lorenzo Serrallach e composición có maestro ruso Jacobo Ficher, alumno e traductor dalgúns tratados de Rimsky-Korsakov.

En 1956, estrea no Teatro Colón de Bos Aires o ballet La farsa de la búsqueda, que compuxo en colaboración có seu compañeiro de estudos Emilio Terraza. O éxito desta estrea valeulles a obtención dunha beca da Embaixada Cultural de Francia en Bos Aires que lle permitíu embarcarse hacia París ese mesmo ano, iniciando unha estancia intermitente na capital francesa onde continúa a súa formación musical. Alí recibíu clases de composición con Tony Aubin e Darius Milhaud no Conservatorio Nacional de París e, simultáneamente, estudiou orquestración con Pierre Wissmer e dirección de orquestra con Leon Barzin na Scholla Cantorum.

De volta a Bos Aires, en 1964, ocupa varios cargos na Asociación de Xóvenes Compositores da Arxentina e tras varias estreas de obras de cámara escribe a obra sinfónica Sindy, estreada en 1976 pola Orquestra Filarmónica de Bos Aires e que será elexida para representar a Arxentina nos Encontros de Música Contemporánea da UNESCO. Tamén é destacable a estrea da súa obra Ra-rá pola mesma orquestra e no mesmo escenario que recibirían un notable éxito de crítica.

O 11 de maio de 1984 regresa definitivamente a Galicia, entrando en contacto con varios xóvenes compositores galegos cós que funda en 1987 a Asociación Galega de Compositores (AGC) da que foi presidente durante os primeros anos de existencia. Asemade, tamén foi membro da Xunta Directiva da Confederación Española de Asociacións de Compositores Sinfónicos (CEACS). Durante estes anos, nos que se establece definitivamente na súa localidade natal de Betanzos, desenvolve a súa etapa máis fructífera dende o punto de vista compositivo, actividade que se víu recompensada có feito de ser un dos compositores galegos máis presente nas programacións da Orquestra Sinfónica de Galicia, con varias estreas a cargo desta formación.

Falece o 23 de decembro de 2009 en Oleiros (A Coruña), deixando no seu catálogo, formado por máis 130 obras, un amplo número de obras sinfónicas, cuartetos, obras pianísticas, para violoncello e para diversas formacións camerísticas.

 

CARLOS LÓPEZ GARCÍA-PICOS nació en la Ciudad de Betanzos (A Coruña) el 19 de octubre de 1922, será su padre, José Antonio López Picos, quien le inicia en sus estudios musicales y en la interpretación del requinto (ya que no le alcanzaban los dedos para tocar el clarinete) en una pequeña orquesta de seis instrumentos de viento con la cual recorría la comarca betanceira amenizando sus fiestas. Posteriormente, ingresa en la Banda Municipal de Betanzos, circunstancia que coincide con el inicio de la Guerra Civil durante la cual su padre se vio obligado a emigrar a Argentina. También él se embarca hacia Argentina en febrero de 1940 donde inicia la que él mismo definió como “segunda etapa de su vida”.

En 1946, aproximadamente, se hace cargo de la dirección de la Coral Polifónica Os Rumorosos del Centro Betanzos de Buenos Aires, cargo que desempeñó durante más de treinta años. Paralelamente, estudia armonía con el profesor catalán Lorenzo Serrallach y composición con el maestro ruso Jacobo Ficher, alumno y traductor de algunos tratados de Rimsky-Korsakov.

En 1956, se estrena en el Teatro Colón de Buenos Aires el ballet La farsa de la búsqueda, que compuso en colaboración con su compañero de estudios Emilio Terraza. El éxito de este estreno les valió la obtención de una beca de la Embajada Cultural de Francia en Buenos Aires que le permitió embarcarse hacia París ese mismo año, iniciando una estancia intermitente en la capital francesa donde continúa su formación musical. Allí recibió clases de composición con Tony Aubin y Darius Milhaud en el Conservatorio Nacional de París y, simultáneamente, estudió orquestación con Pierre Wissmer y dirección de orquesta con Leon Barzin en la Scholla Cantorum.

De regreso a Buenos Aires, en 1964, ocupa varios cargos en la Asociación de Jóvenes Compositores de la Argentina y tras varios estrenos de obras de cámara compone la obra sinfónica Sindy, estrenada en 1976 por la Orquesta Filarmónica de Buenos Aires y que será elegida para representar a Argentina en los Encuentros de Música Contemporánea de la UNESCO. También es destacable el estreno de su obra Ra-rá por la misma orquesta y en el mismo escenario que cosecharía un notable éxito de crítica.

El 11 de mayo de 1984 regresa definitivamente a Galicia, entrando en contacto con varios jóvenes compositores gallegos con los que funda en 1987 la Asociación Galega de Compositores (AGC) de la que fue presidente durante los primeros años de andadura. Asimismo, también fue miembro de la Junta Directiva de la Confederación Española de Asociaciones de Compositores Sinfónicos (CEACS). Durante estos años, en los que se establece definitivamente en su localidad natal de Betanzos, desarrolla su etapa más fructífera desde el punto de vista compositivo, actividad que se vio recompensada con el hecho de ser uno de los compositores gallegos más presente en las programaciones de la Orquesta Sinfónica de Galicia, con varios estrenos a cargo de esta formación.

Fallece el 23 de diciembre de 2009 en Oleiros (A Coruña), dejando en su catálogo, formado por más 130 obras, un amplio número de obras sinfónicas, cuartetos, obras pianísticas, para violoncello y para diversas formaciones camerísticas.

 

CARLOS LÓPEZ GARCÍA-PICOS was born on the 19th October 1922 in Betanzos, Coruña. His father, José Antonio López Picos was his first teacher when Carlos played in a sextet wind orchestra and he was crossing his town surroundings entertaining his holidays parties.

Later he joins the Betanzos Municipal Band at the time when the Civil War began.  At this time his father was forced to emigrate to Argentina, where the young Carlos travelled in February 1940. It was in Buenos Aires where he initiates the period that he named “the second stage of my life”.

In Buenos Aires Carlos takes charge of the Centro Betanzos’s Polyphonic Choral  “Os Rumorosos” about 1946 that he dedicates for over thirty years. At the same time he studies harmony with Lorenzo Serrallach, a Catalan teacher and composition with Jacobo Fischer, a Russian composer and famous Rimsky-Korsakov’s pupil and translator.

In 1956, López García-Picos assists to his “La Farsa de la Búsqueda” ballet premiere at the world famous Buenos Aires Colon Theatre. The music was composed in collaboration with his colleague Emilio Terraza. This premiere’s success contributed to obtaining a French Embassy scholarship that allowed him to embark to Paris the same year, initiating an intermittent stay in the French capital where he continued his musical education. In Paris he received composition classes from Tony Aubin and Darius Milhaud in the National Conservatory and he studied orchestration with Pierre Wissmer and orchestra direction in the Scholla Cantorum with Leon Barzin.

Carlos returns to Buenos Aires in 1964 where he occupies several charges in the Young Composers Association of Argentina and after several premieres of chamber works, he composes the symphonic work “Sindy” released in 1974 by the Philharmonic Orchestra of Buenos Aires which was chosen to represent Argentina in the UNESCO Meetings of Contemporary Music. His work “Ra-rá” with the same orchestra received a successful premiere and notable critique success.

On 11thMay 1984, he returns to Galicia indefinitely, where he forms lasting relationships with several young Galician composers with whom he founds the Galician  Composers Association (AGC) in 1987, over which he  presides  during  its first years.

            He was also a Managing Board member of the Spanish Confederations of Symphonic Composer Associations.(CEACS).  During these years, when he establishes in his birth place, he enters his more fruitful stage from the composer’s point of view, dedicating his whole life to musical creation. This prolific time of his life saw him recognized as one of the most frequently played Galician composers  of  the Galicia Symphonic Orchestra  premieres and general programs.

He dies on the 23th December 2009 in Oleiros, Coruña, leaving more than 130 works in his catalogue: a large number of symphonic , quartets, pianistic, violoncello  and diverse chamber formation  works.

Teresa López Ares e Javier Ares Espiño

  • Título da composición / Título de la composición
    Adagio
  • Título da composición / Título de la composición
    Bagatelas para Luis Seoane
  • Título da composición / Título de la composición
    Cantata para un pueblo heroico
  • Título da composición / Título de la composición
    Canto do arrieiro
  • Título da composición / Título de la composición
    Catorce estructuras
  • Título da composición / Título de la composición
    Cinco monodías y un epíptome
  • Título da composición / Título de la composición
    Concierto para trompa
  • Título da composición / Título de la composición
    Cuarteto de corda nº1. Diálogos 5
  • Título da composición / Título de la composición
    Cuarteto de corda nº2. Homenaxe póstumo a Bèla Bartock
  • Título da composición / Título de la composición
    Cuarteto de corda nº3
  • Título da composición / Título de la composición
    Cuarteto de corda nº4
  • Título da composición / Título de la composición
    Cuarteto de corda nº5
  • Título da composición / Título de la composición
    Cuarteto de corda nº6
  • Título da composición / Título de la composición
    Diálogos 1
  • Título da composición / Título de la composición
    Diálogos 2
  • Título da composición / Título de la composición
    Diálogos 3
  • Título da composición / Título de la composición
    Diálogos 4
  • Título da composición / Título de la composición
    Elegía para un amigo
  • Título da composición / Título de la composición
    Elegía para un soldado
  • Título da composición / Título de la composición
    Espectros heterogéneos
  • Título da composición / Título de la composición
    Estudio para un alumno
  • Título da composición / Título de la composición
    Estudio para un alumno nº 2
  • Título da composición / Título de la composición
    Fascc 1, 'Elegía para un amor'
  • Título da composición / Título de la composición
    Fascc 2, Segunda Sinfonía 'Pasional'
  • Título da composición / Título de la composición
    Festa 'Sinfonietta'
  • Título da composición / Título de la composición
    Himeneo a dos
  • Título da composición / Título de la composición
    Improvisaciones
  • Título da composición / Título de la composición
    In memoriam. Poema elegico
  • Título da composición / Título de la composición
    Interferencias
  • Título da composición / Título de la composición
    Interferencias 2
  • Título da composición / Título de la composición
    Interferencias 3
  • Título da composición / Título de la composición
    Josi-tonadas
  • Título da composición / Título de la composición
    La farsa de la búsqueda. Ballet
  • Título da composición / Título de la composición
    Lume-ca. Primeira sinfonía 'festiva'
  • Título da composición / Título de la composición
    Marsya. Estudio fantasía
  • Título da composición / Título de la composición
    Moni-tonadas
  • Título da composición / Título de la composición
    Motivaciones 1
  • Título da composición / Título de la composición
    Motivaciones 2
  • Título da composición / Título de la composición
    Nansen
  • Título da composición / Título de la composición
    Obertura ciclópea
  • Título da composición / Título de la composición
    Preludio y tema con variaciones
  • Título da composición / Título de la composición
    Preludio, coral y fuga
  • Título da composición / Título de la composición
    Preludio, zarabanda y fuga
  • Título da composición / Título de la composición
    Promenade
  • Título da composición / Título de la composición
    Ra-Ra
  • Título da composición / Título de la composición
    Rondó caprichoso
  • Título da composición / Título de la composición
    Scherzo
  • Título da composición / Título de la composición
    Secuencias extratónicas
  • Título da composición / Título de la composición
    Seis fugas
  • Título da composición / Título de la composición
    Seis micropiezas infantiles en Sol Menor
  • Título da composición / Título de la composición
    Serenata
  • Título da composición / Título de la composición
    Sindy
  • Título da composición / Título de la composición
    Sinfonía de pedra
  • Título da composición / Título de la composición
    Sonata
  • Título da composición / Título de la composición
    Sortilegios
  • Título da composición / Título de la composición
    Suite para orquesta de cuerda
  • Título da composición / Título de la composición
    Travesuras a dos
  • Título da composición / Título de la composición
    Tres invenciones
  • Título da composición / Título de la composición
    Tres preludios
  • Título da composición / Título de la composición
    Trío de corda
  • Título da composición / Título de la composición
    Trío de corda nº 2
  • Título da composición / Título de la composición
    Variaciones sobre un tema de Mozart
  • Título da composición / Título de la composición
    Variantes
  • Título da composición / Título de la composición
    Visiones cósmicas y un interludio
volver