COMPOSITORES
 
volver

Infante, Sofía Oriana

Santiago de Compostela (1989)

Sofia Oriana Infante Souto (Santiago de Compostela, 1989) é unha compositora transmoderna que actualmente reside na cidade de Ferrol.


Cursa os seus estudos no Conservatorio Superior 'Eduardo Martínez Torner' de Oviedo, especializándose na composición xeral e audiovisual, cunha investigación final das principais tendencias estéticas nos xoves compositores españois. Simultáneamente completa o grao en maxisterio, formándose así nas súas dous paixóns principais no 2013. Posteriormente cursa o Máster de educación, tamén na Universidade de Oviedo (2014) e o 'Master in composing for film and TV' (2015) na Kingston University de Londres, con distinción no seu proxecto final sobre o New York Times' 14 actors acting'. 


Acadou unha formación moi completa en Oviedo grazas a compositores coma Edson Zampronha, Jorge Carrillo, Fernando Blanco, Miguel Fernández e Fernando Agüeria, periodo no que tamén tivo a oportunidade de aprender de referentes coma Krzysztof Penderecki e Nico Muhly.


Entre a súa producción musical encóntranse obras variadas, tanto adicadas ó mundo audiovisual coma ó académico-contemporáneo. Ainda que é moi complexo etiquetar o seu estilo compositivo debido á súa diversidade, a composición multidisciplinar  e o interese pola representación dunha realidade transmoderna son as dúas liñas definitorias principais.


Nos seus comezos no mundo da composición, asiste ás grabacións de bandas sonoras do compositor, nominado ó Goya, Sergio Moure nas películas 'Todo es silencio' de Jose Luis Cuerda, e 'Time Rojak', de Isaac Kerlow, onde tamén é asistente de orquestación de Alejandro Román. Ademáis, participa coma docente en dúas ocasións no Leonardo da Vinci project "European Art Confluence".


Obras estreadas durante o período de formación foron o Lied 'O cazador de libros' (2008) (Jose Manuel Yañez Carballeira e Maite Bárbara), poema homónimo de Ramiro Fonte, en Ferrol; 'Telestai' (2009) para a agrupación 'Tempo Catro' (Javier Cedrón, Suso Iglesias, Antonio Romero Cienfuegos e Andrés Pazos) no Teatro do Andamio en A Coruña e 'Se la están cepillando todos los días' (2013) para frauta, violín, guitarra eléctrica, fagot e electrónica en Oviedo.


A maiores compón as bandas sonoras de cortos coma 'Asco' (2013), 'Foto de Familia' (2014) e 'La Pelota' (2017) do director Fernando G. Pliego, 'Backwoods' (2016) de Liam Bellamy e 'Operation: Freedom' de Kevin Ghee.


Durante a súa estancia en Londres, recibe unha comisión da 'Kingston 3A Orchestra' pola composición de 'Panta Rhei', peza estreada en Kingston Upon Thames no 2015 dirixida por David Ward.


Cabe destacar, por último, a asistencia ó curso do Festival Internacional Bergerault (2017) no que ten a oportunidade de recibir clases personalizadas de Alberto Bernal, Michael Maierhof e Yiran Zhao. Ademáis, o contacto con percusionistas da talla de Lucía Carro, César Peris, Luis Tabuenca, Philippe Spiesser e Mika Takehara manteñen esperto nela o interese pola composición contemporánea real e virtual. Composicións resultantes deste contacto son 'Relative Time' (2017)  e 'Backwards Tape' (2017) que se orientan nun estilo máis persoal.


Actualmente cursa o seu Doutoramento sobre a Intelixencia Artificial como herramienta compositiva e o Grao en Historia e Ciencias da Música, alternando con periodos intermitentes de docencia en conservatorios e escolas primarias.

  • Título da composición / Título de la composición
    Backwards Tape
  • Título da composición / Título de la composición
    Concierto para piano nº 1
  • Título da composición / Título de la composición
    Cuarteto de corda nº1
  • Título da composición / Título de la composición
    Mars
  • Título da composición / Título de la composición
    O cazador de libros
  • Título da composición / Título de la composición
    Only Lights Inside
  • Título da composición / Título de la composición
    Os cervos
  • Título da composición / Título de la composición
    Panta Rhei
  • Título da composición / Título de la composición
    Relative Time
  • Título da composición / Título de la composición
    Se la están cepillando todos los días
  • Título da composición / Título de la composición
    Sou a impostora
  • Título da composición / Título de la composición
    Telestai
  • Título da composición / Título de la composición
    Translúcida memoria
volver